Alevín Blanco Campión de Liga

Despois da resaca Eurovisiva onde coma sempre España non gaña dende 1969 con “Salomé” co tema “ Vivo Cantando”. Nos erguemos con certos eventos esperanzadores que acontecerían o longo do día deixando para o final o noso Montrove Blanco.

Certo foi, que eses eventos mañanceiros non foron de boas noticias, o Depor volvía a perder fora da casa, e o Depor Abanca ( o Depor feminino) non pasaba do empate e non lograba o ascenso a máxima categoria do futbol feminino.

Xa na tarde, chegou o momento de Montrove Blanco, ca resaca Eurovisiva coleando nos noticieros españois e galegos, e nas portas do pabellón da Sagrada Familia. O equipo Montrove Blanco regalounos unha actuación maxistral no pista fronte a Santa María do Mar. Cunha vitoria contundente pero traballada, os xogadores despregaron unha sinfonía de talento e garra para levar o ansiado título de Campións de liga, rivalidando o título acadado na pasada tempada.

Desde o primeiro compás do partido, Montrove Blanco parecía sumido nun enredo musical, con Santa María do Mar levando a batuta no marcador. Sen embargo, como verdadeiros artistas sobre o escenario, os xogadores nunca perderon a sintonía e comezaron a afinar os seus movementos, buscando a harmonía perfecta.

No terceiro cuarto, a melodía volveuse máis intensa, con ambos equipos loitando polo dominio do espectáculo. Montrove Blanco, inspirado polos coros dos seus seguidores nas bancadas, elevou o seu rendemento e logrou tomar unha lixeira vantaxe antes de dirixirse ao merecido descanso. Foi como se atopasen a clave tonal para acadar a cima.

Tras o intermedio, o cuarto cuarto comezou como unha melodía tranquila pero poderosa, con ambos equipos intercambiando acordes e ritmos en cada xogada. Aínda que Montrove Blanco perdeu ese cuarto por un estreito marxe de tres puntos, o seu dominio previo permitiulles manterse á fronte do espectáculo.

Sen embargo, chegou o momento clave, o quinto cuarto, cando Montrove Blanco desatou o seu potencial máximo como unha canción que chega ao estribillo máis pegadizo e unha coreografía que nin Chanel na pasada edición de Eurovisión. Os xogadores, como coristas en perfecta harmonía, sincronizaron os seus esforzos e desatáronse nunha actuación deslumbrante. A diferenza no marcador ampliouse de forma avasalladora, como se lles concedesen o voto de 12 puntos dos xuíces en Eurovisión. «Royaume-Uni douze points»

E así, mentres os compases finais se desvanecían no sexto e último cuarto, Montrove Blanco, cunha vantaxe insalvable, xogaba coa tranquilidade dunha balada cativadora. Os seus rivais, derrotados pola magnitude do espectáculo, parecían renderse ante a maxestuosidade da súa interpretación.

Finalmente, o pito do árbitro soou, como a ovación do público. Campións de liga a Montrove Blanco. Nesta gran final, a súa música foi o himno que fixo vibrar os corazóns dos seus seguidores e resonará nos anais do deporte como unha actuación histórica.

Agora, chega o premio final para o 3-4 de Xuño, a gran final galega en A Estrada, e o igual que o ano pasado, iremos a disfrutala, e quen sabe o que ocorrerá alí. Pero de momento, imos saborear o doce que nos tocou esta fin de semana.

Fin da tempada para Alevín Azul

A tempada de Montrove Azul chegou ao seu fin e foi unha montaña rusa de emocións. Con un equipo completamente novo, composto por xogadores que nunca antes fixeran deporte e algúns que, aínda que si fixeran deporte, nunca xogaran ao baloncesto, o equipo experimentou un proceso de aprendizaxe moi interesante.

Máis aló dos resultados, houbo un crecemento individual e colectivo que non se pode medir en números. Os adestramentos foron a chave para o desenvolvemento do equipo, onde se falou moito sobre o compromiso e o esforzo.

«Educar no valor do compromiso implica axudar a que os nosos fillos vaian desenrolando cada vez mais a súa autonomía, a súa responsabilidade, a súa perseverancia, de maneira que poidan ir tomando as súas propias decisions, se comprometan coa elección tomada e se fagan cargo das consecuencias das súas conductas, superando os obstáculos que vanse formando e disfrutando de chegar ás metas que se propoñen».

Ensinarlles a esforzarse, na medida do posible, deixarlles facer as cousas por si mesmos, que se enfronten ás dificultades, así aprenderán que debemos traballar e esforzarnos para conseguir o que queremos.

Os nenos deben entender que o deporte non só é diversión, senón tamén unha responsabilidade. Cada un deles debía de comprometerse co equipo e ser consciente de que a súa participación é esencial para o éxito colectivo.

O esforzo sempre é o motor do equipo. Os adestramentos deben ser intensos e esixentes, pero cada xogador debeu superar os seus propios os obstáculos para dar o mellor de si. Aprenderon que a perseveranza e o traballo duro son a chave para alcanzar os seus obxectivos, e ese é o único camiño.

En resumo, a tempada de Montrove Azul foi unha experiencia enriquecedora para todos os xogadores e pais. O equipo demostrou que con compromiso e esforzo se pode chegar lonxe, e que os resultados non son o máis importante. Agora, queda seguir traballando duro para o próximo ano e continuar crecendo como equipo. Como dixo Vince Lombardi: «O éxito non é unha cousa que se logra da noite para o día… é un hábito».

No tocante o derradeiro encontro, non puidemos contar con 3 xogadores por motivos personais, polo que tivemos que botar mán das xogadoras do premini Femenino.

O encontro foi contra Arteixo, un equipo moi duro, con intensidade e que nos sorpendeu en todos os aspectos. Nós pola nosa parte, voltamos aos erros de sempre, falta de intensidade, compañerismo, moitas individualidades, lentitude nas accións, non corremos, erros de canastas sinxelas, e erros que non damos correxido nos adestramentos por falta de concentración. Como decía Arsenio Iglesias ( Dios lo tenga en su Gloria!!): » Mucho que decir y poco que contar», » Que duda cabe».

Alevín Azul acada unha nova victoria

Terceira victoria do ano para Montrove Alevín Azul. Desta parte foi contra C.D. Los Rosales EPB12.

Destacar que foi un dos mellores encontros que tivemos a ocasion de ver por parte dos Alevíns Azul, onde todos os xogadores aportaron para sacar o encontro adiante e con notable difernza no marcador.

A diferenza estivo en todas as partes do xogo, onde por fin chegamos a correr por diante do balón, xogamos con moitos pases, acertados a maioria, e non abusamos do bote, vaia, que xogamos coma un equipo. Resultado dos bos adestramentos que estivemos a facer nos derradeiros días.

Ainda así, sempre existe un pero, ainda que melloramos en defensa, tivemos momentos de desaxustes defensivos onde non soupemos a quen defendiamos e permitimos moitas canastas e tiros fáciles, que por sorte a maioría non tiveron éxito, fruto do deshacerto rival. Se entrase a mitade, outro galo cantaría, e estaríamos a falar de outro tipo de resultado.

Xa queda só un encontro, un que de seguro disfrutaremos todos, xa que a mellora é notable, e o ánimo está polo ceo, con gañas de rematar a tempada con bó sabor de boca.

Duro esta semana de adestramentos. Centrados e ser conscientes de que o bó traballo e o esforzo ten a súa recompensa.

Un gran logro xeralmente nace dun gran sacrificio, e nunca é resultado do egoísmo. (Napoleón Hill)

Alevín Branco peta na porta para facer historia.

Este Sábado tocou trasladarnos ate o pavillón de Arteixo, a tropa do Alevín Blanco medrou diante do equipo de Xiria de Carballo nun partido que non deixará indiferente a ninguén. A victoria foi para os nosos, pero o camiño ata ela non foi nada fácil.

O primeiro cuarto foi un verdadeiro duelo a vida ou morte entre ambos equipos. Os rapaces do Alevín Blanco parecían medio adormecidos e só conseguiron gañar o cuarto case no remate do mesmo, logo de ir perdendo e de non estar centrados co que nos estabamos a xogar, unha diferenza mínima que presumia que o encontro ia ser disputado. No comezo do 2º cuarto foi cando se encendeu a chama da vitoria, onde os rapaces comezaban a espertar da súa soneca, e vendo que ia estar cara a victoria. Logramos sacar a testa da auga por fin, ainda que non co xogo que quixeramos.

Os demais cuartos foron unha auténtica coronación, coma a de Carlos III de Inglaterra. É dicir, con moita diferenza no marcador, pero sen lucir o mellor xogo.

Aínda así, a calidade individual dos nosos xogadores logrou decantar a balanza a noso favor. Pero non hai que durmirnos nos loureiros, a tempada está a rematar, e o premio debemos traballalo un pouco mais, debemos aprender dos erros, centrarnos nos adestramentos ser intelixentes xogando para divertirnos xogando e que o respetabale disfrute de vernos xogar, os resultados saen do traballo en equipo.

«Un xogador gaña partidos, un equipo gaña campeonatos» MJ

Derrota do Alevín Azul ante Xiria Carballo 12

A cancha foi un campo de batalla e os xogadores preparábanse para loitar como verdadeiros soldados. O equipo Xiria Carballo viña preparado coas súas armas máis letais e a súa táctica máis férrea, mentres que o equipo Alevín Azul estaba en clara desvantaxe, loitando con baixas e sen as tropas máis valiosas.

Dende o principio do encontro, Xiria Carballo saíu con artillería pesada, derribando ao equipo contrario cos seus impresionantes ataques. A pesar de que Alevín Azul intentou defenderse con todas as súas forzas, a superioridade física do rival e o cansazo e o calor do campo de batalla pasoulles factura e vironse obrigados a retroceder.

O encontro foi de máis a menos, como unha película de guerra épica, pero sen a heroica vitoria ao final. Os de Alevín Azul, aínda loitando con moito coraxe, vironse superados pola superioridade do seu inimigo e sucumbiron ante a abrumadora presión.

Faltaban xogadores importantes no campo de batalla, aqueles que podían ter marcado a diferenza na loita, e iso notouse no resultado final. Alevín Azul rendeuse ante a evidente superioridade de Xiria Carballo, pero non sen antes loitar con dignidade.

Aínda que o resultado non foi o esperado, o partido deixou unha gran lección: ás veces, a batalla pérdese, pero iso non significa que a guerra estea perdida. Alevín Azul pode volver a erguerse e loitar na próxima batalla, coas súas mellores tropas e unha estratexia máis sólida.

Así que, aínda que o partido foi duro e o xogo espeso, os xogadores de Alevín Azul non deben perder a esperanza. Como nas películas de guerra, a vitoria pode estar ao alcance da man, só necesitan seguir loitando con valor e determinación.

2ª do Alevín Azul

¡Boas xentes! Hoxe estou aquí para falarvos do derradeiro encontro de baloncesto do equipo Alevín Azul, e deixádeme dicir que foi unha auténtica montaña rusa de emocións. Con baixas significativas, nos presentamos ao encontro contra Franciscanos Mini con 2 xogadores Premini, «The Sisto´s Brothers«

O encontro comezou moi forte, con ambos equipos loitando polo control do balón e tentando marcar algún punto. O equipo Alevín Azul estaba máis nervioso que un pulpo nun garaxe e xogabamos todos, comos se fósemos sardiñas e lata,e sen actitude, errando tiros fáciles e xogando desorganizados completamente, polo que os primeiros cuartos foron tan emocionantes como ver unha parella de caracoles facendo unha carreira, froito de isto os parciais foron moi igualados, con un 4-3 e un 0-9 que deixaron a todos os espectadores na beira do asento. Non estabamos a xogar ben, eramos como unha hamburguesa sen Ketchup nin queixo…

Pero despois dun tempo, o equipo Alevín Azul comezou a gañar tracción, certo é que o xogo desplegado non era bonito, pero sí efectivo onde roubabamos balóns e dominando a cancha, conseguimos puntos, un tras outro. Uns bos parciais a favor deixaron claro que os nosos chavales estaban decididos a levar a vitoria para casa.

E mentres o partido avanzaba, o entusiasmo do respetable foi aumentando. Cada canastra era recibida con aplausos e gritos de alento, e as habilidades de cada xogador eran reconocidas con cada nova xogada.

Aínda así, o derradeiro cuarto foi moi emocionante, que deixou a vitoria en suspense ata o derradeiro segundo. Pero finalmente, grazas á habilidade e determinación do equipo Alevín Azul, conseguiron gañar o partido.

Este é o segundo encontro que gañan este ano, despois de trece partidos xogados. Pero non hai tempo para descansar aínda, xa que quedan tres partidos máis por xogar antes do final da temporada.

En calquera caso, non hai dúbida de que este foi un encontro emocionante e memorable para todos os implicados, e que deixou claro que o equipo Alevín Azul ten o que é preciso para triunfar na cancha.

¡Ata a próxima!

Xogaron por parte de Montrove: Emilio Martín, Pazos, Diego J, Brais, Iván, Iago, Julián, Nico, Diego Sisto e Lucía Sisto

Alevín Azul consegue a súa primeira vitoria

Tardou en chegar, pero chegou. Chegou contra o conxunto de A Laracha, un rival que non tivo o seu día, pero tamén por que nós non lle deixamos.

Encontro igualado nos primeiros compases do xogo, no que ningún dos conxuntos lograba dominar o xogo, e as imprecisións e falta de acerto era a tónica dos primeiros 2 cuartos, ainda así partiamos cunha lixeira vantaxe sobre eles.

Esa vantaxe, mais a motivación dos rapaces na que se vían con posibilidades de gañar, deulles folgos para centrarse mais nas súas responsabilidades e facer unha boa defensa e ser mais verticais o aro (cousa que nos anteriores encontros costounos moito) e lograr nos derradeiros cuartos superar en todos os aspectos o rival que ainda sendo superado, loitou ate o final facendo que os nosos tivesen que esforzarse para lograr esa ansiada primeira vitoria.

Toca seguir traballando, toca coller moral e centrarse no que fixemos ben para potencialo, e correxir erros que contra outros conxuntos nos penalizarán mais, e así poder disfrutar do baloncesto nesta fase, que de seguro nos traerá mais ledicias.

Noraboa rapaces pola primeira de moitas!! A seguir loitando!!

Branco Inicia a súa primeira final con Vitoria

Deu comezo a derradeira fase. Estamos xa no remate final da tempada, e cada encontro xa é unha final.

Esta fin de semana, xogamos a primeira, contra Básquet Coruña. Un encontro no que os rapaces, seguiron demostrando que son un conxunto a batir, todos os que xogan contra nós, veñen motivados, pero nós, tamén saimos motivados. Esa motivación de ter o premio de fin de tempada, de disfrutar do baloncesto o mais alto nivel. Como decía Andrés do Barro na súa canción «O Tren que me leva pola beira do Miño / me leva, me leva polo meu camiño / e vai andando pasiño a pasiño / e vaime levando cara ao meu destiño».

Pasiño a pasiño, pola beira do rio, é como imos nós. Ate o momento xa pasamos a primeira estación, quédanos 3, e cada unha será mais complicada ca outra, pero sempre teremos que ir con seguridade e boa letra.

No tocante o encontro contra BCA, decir que os rapaces están a xogar a bó nivel, reflexo da intensidade dos adestramentos, da concentración e da madurez que está a florecer nas almas de eses » Pequenos tolos baixiños».

Os dous primeiros cuartos, ritmo alto, intensidade defensiva, e ataques rápidos a través dos pases e verticalidade o aro. O resto dos cuartos, con xá todo decidido, traballo de outros aspectos que debemos mellorar, ou potenciar mellor dito, pero en xeral, moi bó traballo.

A seguinte xornada, descansamos, pero o 29-30 de abril ainda por decidir, teremos a seguinte final contra un vello e competitivo rival xa de sobra conocido, Esclavas que de seguro que quererá vingarse da derradeira derrota contra nós, e da sufrida nesta fase contra un rival directo coma é Santa Maria do Mar.

«Un xogador gaña partidos, un equipo gaña campionatos» Michael Jordan

O Alevín Branco gaña, e presenta as súas crendenciais para a seguinte fase.

Na tarde do Sábado disputamos outro encontro de liga contra os que xa podemos considerar compañeiros de viaxe, Esclavas, que xa conseguiran na anterior xornada pasar á derradeira fase para optar a disputar o título desta competición.

Non será a derradeira vez que nos enfrontemos, de feito ca vitoria de hoxe, nos tamén estamos clasificados para a seguinte e definitiva fase, polo que nos volveremos a enfrentar.

Cada encontro que pasa, e mais difícil, e os conxuntos como Esclavas motivanse contra nós, por sorte, somos un conxunto que a medida que pasa o tempo, adquirimos madurez, responsabilidade e saber estar na cancha, onde todos os xogadores aportan o seu gran de area, formando entre todos unha grande rocha sólida, uns cimentos para contruir algo grande o final da tempada. Ainda así, queda moito camiño, e temos que seguir avanzando nesta liña.

Os encontros contra Esclavas sempre son dificiles, un equipo con moitas gañas, ben traballado e con ideas claras. Pero desta vez, demostramos moita concentración, e moito acerto tanto en defensa coma en ataque e sobre todo solidarios cos compañeiros, todos aportaron o seu gran, en defensa e en ataque.

Se a pasada xornada decía que fixeramos un dos mellores encontros , este encontro supera o anterior, e espero que isto siga medrando, porque os rapaces o merecen, polas gañas, compromiso, e esforzos en cada adestramento.

Noraboa a todos os rapaces polo esforzo e concentración, e seguir ese camiño que estades facendo e por permitirme ser parte del.

“Sempre tes que estar ao límite. Tes que facer cada adestramento, cada encontro, como se fose o derradeiro” (Kobe Bryant)

Alevín Azul sucumbe no derby das Mariñas

Esta fin de semana, tocoulle ao Alevín Azul ter o Derby das Mariñas, desta ocasión, foron ambolos conxuntos B de cada clube. Golfiños As Mariñas e Montrove quenes ianse disputar a contenda.

Pola nosa parte, chegamos cunha ristra de baixas para o encontro, ben por asuntos particulares, coma por enfermidades por parte dos xogadores, e tivemos que tirar do conxunto Benxamín.

Foron parte da partida, Teo(Debutante), Tomás (un mais do equipo xa), Diego Sisto( outro que se deixa caer con asiduidade, e sempre dispoñible), e Omar (facía tempo que non viña, pero sempre agradecidos)

O encontro comezou con dominio noso, unha boa defensa, e un bó ataque facían que por primeira vez tivesemos unha diferencia ampla, que por desgraza non soupemos manter ate o final do cuarto, pero ainda así gañamos o cuarto metendo 8 puntos.

Xa na 2ª entrada, os que sairon, non estiveron acertados en defensa, e sufrimos moito tanto en ataque coma na defensa, e facendo que o rival ampliase a diferencia con nós despois de poñerse por diante.

No 3º cuarto, foi un toma e daca por parte dos dous conxuntos, onde as defensas parecían ausentes, e o nivel anotador sería maior se non fose por que son rapaces e erraron unha ducía de canastas eles sós.

Xa na volta do descanso, recuperamos esa defensa birria sen rebotes e con desaxustes defensivos sumados a que no ataque non eramos verticais, e costounos dios e un mundo dar pases entre nós.

Xa nos dous cuartos finais chegamos a gañar a lo menos 1, mellorando a defensa un pouco e sobre todo no ataque mais acertado, pero a diferencia non se puido reducir o suficiente para ter opcións de levar a vitoria.

Contentos así e todo, xa que con un conxunto mermado por ausencias, demos a cara e competimos, e incluso tivemos opcións e sensacións de que puido chegar a primeira vitoria.

error: Content is protected !!