Gran victoria do Alevín Masculino ante BCA

Xornada tardía (19:00 Domingo Sagrada Familia) correspondente a 2ª Fase da Liga Alevín Masculino ante un gran conxunto como é o Básquet Coruña, que xa nos vencera na primeira fase cun axustado resultado.

Nesta fase, íamos coa lección impresa na fronte e centrados no que tiñamos que facer.

O encontro nos dous primeiros cuartos foi moi parello, ningún equipo lograba poñer terra de por medio e marcar diferencias, esas diferencias eran mínimas e lográbanse recuperar no seguinte ataque do rival, 23-20 remataron os 2 primeiros cuartos. Antes do descanso no 3º, Montrove tivo máis atino de cara ao aro, e aproveitou a debilidade defensiva para poñer algo de diferencia no marcador chegando ao descanso 33-40.

O comezo da 2º parte ía ser trepidante, Básquet Coruña subía o nivel defensivo impedindo que anotásemos, nós pouco máis fixemos ca eles en defensa, pero conseguían recortar puntos ainda que seguiriamos por diante no marcador. ( 8-3 o 4º cuarto e 10-12 no 5º).

Con 51-55 a falta do derradeiro cuarto, a emoción estaba servida. Un bó acerto en ataque e unha boa defensa decantarían a victoria para o lado de Montrove, que con esta victoria lograba a revancha da derrota da primeira volta.

Un dos mellores partidos da tempada contra un rival serio e ben plantado, cheo de individualidades destacadas e dende logo un rival a batir para o que resta de competición.

Para a seguinte semana toca xornada de descanso, pero que a victoria non nos cegue, debemos seguir traballando, por que o dificil xa está aquí.

«Nun equipo o talento gaña partidos, pero o equipo e o que gaña campeonatos» M.J.

Comparte
Marcar el enlace permanente.

Comentarios cerrados.