Alevín Masculino Branco inicia a tempada con Vitoria

Os seres humanos temos a unha grande capacidade, que é a de escoller a nosa actitude ante calquera situación. Non é una capacidade menor, senón que é inmensa. A actitude que un escolle en cada instante pódenos axudar moito ou un pouco mais do normal para afrontar situacións que estamos vivindo. As circunstancias non as imos cambiar, pero afrontalas con actitude faran que muden de perspectiva.

Di Victor Kuppers nas suas ponencias, que toda persoa ten un Valor, e ese valor básase no sumatorio de coñecementos e habilidades multiplicado pola actitude. Nesta vida fai falla, coñecementos (para poñer unha cervexa, para instalar unha App no móbil, para xogar a baloncesto…) e necesitas habilidade, experiencia. Despois ven a Actitude, o mais importante da fórmula, por qué?, por que multiplica. A diferenza entre o crack e o manta está nesa Actitude. Moitos non son grandes por que teñan coñecementos, nin por que teñan experiencia ou habilidade, son grandes pola forma de ser, pola actitude. A actitude que tí tes, é a que tí queres ter, é unha frase dura xa o sei, pero é a tua responsabilidade, ti elixes a actitude que cada un quere ter en cadanseu momento.

Este estreo de liga, veu a amosarnos que esa actitude pode chegar a facer perigar o devir do encontro, a actitude fai concentrarnos na importancia do traballo e o valor das tarefas que ten cada un, e debe traballar nos adestramentos para que interiorice á hora de saltar á cancha de xogo.

O resultado (70-39) non amosa a realidade do encontro, xa que o rival en ningun momento deixou de loitar, incomondando en todo momento a circulación de balón e defendendo ate o derradeiro folgo calquer acción nosa. Pola contra nós, debemos mellorar esos erros defensivos, sei que temos xente nova na categoria, pero non xustifica romper as bases da defensa que estamos construindo nos adestramentos, e o uso do pase e o xogo sin balón, que non apareceu no encontro. Moitos erros que contra rivais mais fortes, ou incluso nun futuro, contra este rival, podennos condenar a un resultado adverso.

O resultado, foi un partido trabado, sen graza pola nosa parte, sen actitude defensiva (en moitos momentos do encontro) e ofensiva, e que se gañamos realmente foi porque individualmente fomos mellores e mais listos á hora de sacar de banda, onde si sacamos algo positivo ao respecto.

Agora a pasar páxina, e aceptar a situación que tivemos, ao aceptalo, pasamos páxina, e así a enerxía non a dedicamos a amargarnos mais polo que foi ou puido ser, deste modo podemos dedicarnos a construir, a mellorar, a pensar, a ser proactivo.

Xogaron por Montrove Branco: Pedro, Nico, Dani, Pablo Fdez, Noah, Mateo, Yago, Jorge, Xenxo, Adrian Vázquez e Pablo Cofán.

“Que ninguén se achege xamais a tí, sen que ao marchar, se sinta mellor e mais feliz”. Madre Teresa de Calculta.

Comparte
error: Content is protected !!