A Casa Azul

Que queres que che diga!! Ninguén lembrará seguramente este grupo, pero presentaronse para representar a España no Eurovisión, perderon a oportunidade en detrimento de Rodolfo Chiquilicuatre. Que lle imos facer, case que lle foi mellor así por que despois triunfaron non só pola música senón polo traballo que oubo detrás deste grupo ficticio que xurdiu en 1999 pero non chegaría ao éxito ate 2008.

A constacía e traballo de Guille Milkyway. levouno ao estrelato sen renunciar á súa idea. E así debemos seguir nós, pouco a pouco chegaran os resultados.

Estas semanas, foron un tanto dificiles para o noso equipo Montrove Azul. Xa non comezou ben fai días cando perdemos posiblemente para toda a tempada a un dos nosos xogadores, que comezaban nesta tempada, Tomás, que tivo un desafortunado accidente na escola.

Dende o clube e os seus compañeiros de equipo, desexamoslle que todo saia ben, e damoslle folgos para a recuperación co desexo de volver velo nas pistas.

Despois de semanas de adestramento e preparación, chegou o día do partido contra os nosos veciños de Cambre, e nos dimos conta de que non tiñamos suficientes xogadores para formar un equipo completo.

A razón desta falta de asistencia foi dobre. Por unha banda, varios xogadores enfermaron e non puidéron vir aos adestramentos. Isto é comprensible, xa que a tempada de gripe é unha época difícil para todos, sumado a que varias familias de xogadores tamén aproveitaran os pontes da constitución para facer planes e non puideron asistir ao adestramento.

Esta falta de asistencia deixounos nunha situación difícil, xa que non tíñamos suficientes xogadores para formar un equipo completo. Despois de moito divagar, decidimos xogar o partido con 3 benxamines, 2 masculinos e 1 feminino, e aínda que fixemos todo o posible, non puidemos evitar a derrota.

Esta situación ensinounos unha valiosa lección: a importancia da asistencia e a responsabilidade no equipo. Aínda que entendemos que poden haber circunstancias que impidan a asistencia ao adestramento, tamén temos que ter en conta o impacto que iso ten no resto do equipo. A partir de agora, imos facer un esforzo adicional para asegurarnos de que todos os xogadores asistan ao adestramento e estean preparados para os partidos. Xuntos, poderemos superar calquera obstáculo e acadar a vitoria.

Montrove Azul 17 Cambre 61

Xogaron por Montrove Azul: Iago, Martín, Diego Jaime, Pajón, Brais, Alvaro, Iván, Jorge, Omar (Premini masculino) e Lucia Sisto (Premini Feminino)

Comparte
Marcar como favorito enlace permanente.

Comentarios cerrados.