A Federación Galega de Baloncesto impulsa o proxecto “O Baloncesto Educa”. A entidade federativa, coa colaboración de oito clubs de diferentes puntos da nosa Comunidade, dá o primeiro paso dunha iniciativa que buscacrecer a través do fomento dos valores positivos que o Baloncesto atesoura.
R.C. Celta Baloncesto, Escola Basket Xiria, C.B. Sarria, C.B. Arxil, AD. Valle Inclán, Bosco Salesianos Ourense, Club Carmelitas Vedruna Ourense e Club Baloncesto Costa Ártabra serán os primeiros clubs convidados a dar vida a este proxecto, que aspira a estenderse no tempo e poder contar con máis participantes en vindeiras temporadas.
A través desta metodoloxía, “O Baloncesto Educa” buscará premiar e recoñecer os comportamentos respectuosos e óptimos que deben rexer no Baloncesto galego, primando a reflexión que entre todos os participantes do proxecto se levará acabo.