Terceira victoria do ano para Montrove Alevín Azul. Desta parte foi contra C.D. Los Rosales EPB12.

Destacar que foi un dos mellores encontros que tivemos a ocasion de ver por parte dos Alevíns Azul, onde todos os xogadores aportaron para sacar o encontro adiante e con notable difernza no marcador.

A diferenza estivo en todas as partes do xogo, onde por fin chegamos a correr por diante do balón, xogamos con moitos pases, acertados a maioria, e non abusamos do bote, vaia, que xogamos coma un equipo. Resultado dos bos adestramentos que estivemos a facer nos derradeiros días.

Ainda así, sempre existe un pero, ainda que melloramos en defensa, tivemos momentos de desaxustes defensivos onde non soupemos a quen defendiamos e permitimos moitas canastas e tiros fáciles, que por sorte a maioría non tiveron éxito, fruto do deshacerto rival. Se entrase a mitade, outro galo cantaría, e estaríamos a falar de outro tipo de resultado.

Xa queda só un encontro, un que de seguro disfrutaremos todos, xa que a mellora é notable, e o ánimo está polo ceo, con gañas de rematar a tempada con bó sabor de boca.

Duro esta semana de adestramentos. Centrados e ser conscientes de que o bó traballo e o esforzo ten a súa recompensa.

Un gran logro xeralmente nace dun gran sacrificio, e nunca é resultado do egoísmo. (Napoleón Hill)

error: Content is protected !!