Seguimos en construcción, esta fin de semana xogamos nunha nova ubicación e con un novo integrante do equipo. Esta vez, só tuvemos 2 baixas(unha no derradeiro momento), e non tivemos que tirar de benxamines para completar a convocatoria.
O rival, un coñecido, o Culleredo B, que demostrou a súa melloría con respecto ao anterior enfrentamento con nós.
Todo parecía que ia ser un encontro disputado, xa que nos 2 primeiros cuartos os conxuntos sairon fríos e pouco atinados en defensa e ainda menos en ataque onde parecía que nós non atinábamos nin na piscina. No terceiro e ao regresar do descanso, chegou una desconcentración que tivemos ao principio, e Culleredo comezou a correr e atinar os pases entre os seus xogadores o que facía que anotasen sen oposición por parte nosa, e facendo que se fosen tanto no marcador que o encontro parecía sentenciar a pechar o marcador.
No quinto cuarto, pelexamos, dimos pases, corremos e incluso defendimos, e logramos gañar un cuarto por primeira vez esta temporada, e con ampla ventaxa que podería ser moito mais senon fose por que os derradeiros minutos quedamos fundidos e aproveitaron os de Culleredo a reducir esa diferencia en 3 puntos.
Xa o derradeiro cuarto, cansos do esforzo do anterior cuarto e con algunha rotación, competimos o mellor que puidemos e dentro das nosas posibilidades, pechando un encontro que antoxaba o principio competido, pero que os despistes e a inexperiencia nos lastrou o resto dos minutos.
Só queda seguir traballando, quedar co bó sabor de boca dos minutos que xogamos ben, que tivemos actitude, que defendemos axeitadamente. Non ai outro camiño que seguir traballando para mellorar, os resultados chegaran de seguro, mañá non, pero a tempada ainda non está pola metade, e quédanos moitos encontros que de seguro farán as ledicias dos rapaces e os pais que ides a velos xogar.
Nunca temos que perder a esperanza, nunca perder os ánimos, por que cando perdemos o ánimo perdemos o mellor que temos, que é a actitude, a actitude a maneira de ser.
Xogaron por Montrove Azul: Julián(debut), Emilio, Nico Castro, Martín, Iago, Diego J, Formoso, Pajón, Brais e Iván.