A teoría da evolución, afirma que, só os mais fortes sobreviven. Tal vez, quizais… Pero a teoría da competición di: “polo simple feito de que sexan mais fortes ou ás veces mellores non significa que non se lles poida derrotar…Así é o que calquera ” Don Nadie” que tivese a aportunidade pode diriche nalgunha ocasión.
BCA xa nos gañou, en 2 ocasións, e na derradeira con contundencia e demostrando un bó xogo e evolución dos xogadores, as probabilidades estaban na nosa contra, pero as probabilidades non sabían que esto non era un exame de matemáticas, esta proba era diferente, as paixóns tiveron unha forma cuirosa de superar a posible lóxica, así que antes de que o pito soase e o reloxo comenzara a correr, lembramos que os resultados non sempre suman, que non importaba o que acontecera antes, non importaba o que dicía a estatística ou o prognóstico, cando o xogo comenza, as apostas xa non contan. Decidímos non sorprendernos por querer darlle a volta ao guión e non rendernos, e de súpeto, como me dixo mais dunha vez o meu avó (que en paz descanse) ” Todos temos a nosa oportunidade”.
Mentras outras persoas soñan co que pasaría, outras con que algo ocorrese, nos fixemos que sucedese. Non tivemos medo a trabucarnos, por que se o tivésemos, quizais o houbésemos feito. Ás veces non gaña o mellor, senón que gaña o mais convencido, e non negociamos co esforzo, taballamos e nos esforzamos para conseguir o que levamos facendo ao longo da tempada.
Só quero felicitar aos rapaces, que se fixeron grandes, confiando uns nos outros, o suficiente para renunciar ao “Eu” polo “Nos”. Felicitar tamén aos pais, e aos meus compañeiros do clube, por que son partícipes do bó ano que estes rapaces están a facer, chegar onde chegaron é un premio, pero que recorden, que ainda queda outro encontro, que non rematou aquí, e que pode ser a guinda do pastel para facer unha tempada de 10.
Toca seguir traballando e loitando nos adestramentos para mellorar e poder gozar ainda mais deste xogo ao longo da nosa vida.
“O baloncesto, ademais de ledicias, dache amigos tamén“