Derradeiro encontro do ano para Azul, o cal non puido materializar con unha vitoria que de seguro chegará nalgun momento, o importante é seguir traballando, esforzarse nos adestramentos, e ser un equipo solidario no que todos aportemos dentro das nosas virtudes e minimizar as carencias.
En cada encontro sacamos e descubrimos cousas novas, somos capaces de descubrir os roles que podemos aportar ao noso conxunto, e os resultados dos adestramentos bos saen á luz en momentos do encontro. Ainda así non está a ser suficiente, e temos que aprender a manter a concentración para ser constantes e poder competir cada día tanto nos partidos coma nos adestramentos.
Esperemos que o próximo grupo poidamos competir a bó nivel e lograr esa vitoria que tanto necesitamos para poder coller confianza que tanto necesitamos para ter os folgos suficientes e seguir creendo no traballo diario.