Boas tardes, amigos do deporte. Hoxe temos que falar dunha desafortunada actuación do equipo Montrove Azul. Descendeu dúas categorías e agora está a loitar por atopar o seu lugar nesta competición. Neste último encontro, enfrontouse a un equipo moi semellante a nós, Dominicos, e a verdade é que a actuación foi cando menos mellorable.
Os rapaces non parecían ter clara a idea de cómo xogar, a falta de concentración e intensidade foi diferente á de certos adestramentos, quizais que fose a primeira hora do Sábado tivo algo que ver. As esperanzas de que ao descender duas categorias, facian crer que podían gañar o encontro ou algún encontro, pero sen facer nada non se consegue nada, e o traballo hai que facelo, a loita e a intensidade hai que sacala fora en cada momento.
Non hai escusas para unha actuación cando menos mellorable . Os rapaces tiñan que dar o 110% en cada intre, pero parecía que ainda estaban na cama. É evidente que hai moito traballo que facer se queren conseguir esa ansiada victoria que estou seguro que merecemos.
Dito isto, tamén hai que lembrar que isto é só un encontro. Non hai que botar a perder todo o traballo por causa dunha mala actuación. Hai que aprender das derrotas e traballar duro para mellorar na próxima. Todo pasa polos adestramentos e a intensidade ca que se adestra.
Así que, ánimo rapaces! Non é fácil loitar nunha liga tan competitiva, pero co traballo duro e a determinación, podedes conseguir competir a bó nivel e poder chegar a conseguir a ansiada vitoria que o baloncesto vos debe. Non vos desanimedes, e seguide traballando duro para mellorar en cada partido. Aínda tedes moito que demostrar, e estou seguro de que o faredes.