Os Alevíns Masculinos levanse o Derbi das Mariñas

Comeza a derradeira, definitiva e decisioria 4ª fase da competición de Alevín masculino. E como partido importante, foi o derradeiro encontro dos equipos do clube de esta fin de semana. Foi o culme dun pleno de victorias por parte do clube en todas as categorías, e para poder vivir ese pleno, non faltaron á cita todas as personalidades dos estamentos do clube, dende o Presidente ate os coordinadores da canteira pequena.

O encontro antoxaba emocionante, non só por ser a derradeira fase, senón polo aliciente de xogar cos nosos veciños de Sada. Conxunto con xogadores de gran calidade e de seguro darán que falar en vindeiros anos.

O encontro comezaba forte para os de Oleiros que no primeiro cuarto, e non sen dificultades, abría unha pequena brecha de 9 puntos de vantaxa nun cuarto un pouco trabado cargado de erros por parte dos dous equipos. No segundo foi un tira e afloxa de ambolos conxuntos con mais acerto ofensivo que defensivo con un igualado 16-15 (20-28). Para finalizar antes do descanso con un impulso de diferencia para os de Oleiros que faría chegar o descanso con unha ventaxa no marcador de 29-41.

Á volta do descanso, despois de pulir erros tanto defensivos como en ataque o equipo xogou un pouco mais ordenado en defensa o que permitiu que o rival non estivese acertado e nós con ataques mais longos anotásemos, non sen dificultades. 11-26 Foi o marcador da segunda metade, o que amosa a suba de nivel defensivo por parte de Montrove, e foi o que marcou definitivamente a diferencia neste encontro.

Unha victoria traballada e trabada, e que nos fixo ver os erros e certos camiños que debemos de seguir para mellorar como equipo ante rivais mais fortes.

Para a semana, o Alevín masculino xogará un torneo de Semana Santa en Lugo, e ate o día 23 de Abril non volverá xogar.

«Un xogador gaña partidos, o equipo gaña Campionatos»

Comparte
error: Content is protected !!