Tarde de sábado, e tocou xogar despois do parón de Semana Santa e do descanso de xornada anterior.
Victoria xusta, e por xusta non só digo por merecida, que tamén, senón por que foi xusto o esforzo feito nos 2 primeiros cuartos para sacar a lustrosa vantaxe que nos permitiu gañar o encontro. 19-4 e 14-2 foi o resutado dos mencionados cuartos. Cuartos nos que se xogou o que pretendemos ser, equipo comprometido en ataque e en defensa, agresivos en accións e verticais a canastra.
Pero chegou o terceriro e os seguintes cuartos, nos que en ataque eramos nulos, ben polas defensas mais agresivas dos rivais, como polas precipitacións nos pases e saques de banda,(7 pérdidas continúas nos devanditos saques de banda e de fondo nun só cuarto), esquecemos cómo debemos pasar, e cómo recibir un balón, ao menos soupemos defender o suficiente para dificultar as canastras rivais e que non se nos complicase o encontro 1-6 e 2-7 foron os parciais dos 2 seguintes cuartos. Gañaríamos un máis, pero moi axustado 10-8 e precisamente pouco mellorou a cousa no seguiente que tamén perderiamos por 5-9.
O final victoria a pesar das imprecisons e os erros, salvounos as actuacións individuais, tanto en ataque coma en defensa dos xogadores, pero debemos de mellorar o xogo de equipo, que parece que xa non nos lembramos como era, e ahí marcaremos a diferencia de gañar ben, a de gañar de calquera maneira.
” Cando un equipo fala xogando, non xogan 5 senón 6 xogadores”