250 gr de avea, un vaso de leite e unha mazá dan a enerxía suficiente para erguernos pola maña poñer as nosas zapatillas e ir á panaderia de Iñás e coller unha bola de 1/2 kilo 3 croissants e unha docena de churros. Despois deste copioso almozo, xa tocou subirse ao coche para coller, como xa é costume dende fai tempo por estas datas, camiño da Polideportiva de Agra 2 na Coruña.

Mañá apacible, os raios do sol aparecian timidamente baixo as nubes estratocúmulas, presaxiaba que hoxe non chovería. De camiño, de seguro bos atopastes gran cantidade de ciclistas pola estrada, esa nova raza deportiva que só sae os fin de semana pola mañá (sempre e cando non chova) ao igual que facían cando eran novos pero pola noite, e que sustituiron, o aforrado en cubatas, por unha bicicleta de 4 díxitos. Disfrutando do camiño, sen tráfico, a radio é unha gran compaña, lembrades esa emisora que poñía só música para vellos? pois agora pon uns temazos!!

Xa no pavillón, o conxunto do Alevín Azul era o primeiro en xogar. O rival, Culleredo B. Conxunto que xunto con nós, eran os mais frouxos do grupo, polo que quizais, a esperanza de gañar e competir un encontro nesta fase, non era unha loucura. De feito, penso que nos gañaron non só polos méritos que eles fixeron para facelo, senón polos erros que seguimos comentendo e que oxalá logremos arranxar a medida que pasan as xornadas. O balón, queimanos nas mans, a atención a hora de tomar as normas, regras de xogo, e directrices, fai que entre nos tropecemos e nos molestemos, quizais os maiores rivais neste encontro fósemos nós mesmos, xa que en moitas ocasions, a ansia de querer facer algo, facía que os nosos propios xogadores se molestasen e impedisen avanzar. Moito que mellorar, interiorizar e pulir, polo menos para ter un orde, e unha idea de xogo, e aplicar a técnica individual que traballamos ou intentamos traballar pola semana. O resultado, non reflexa a superioridade real dun conxunto, xa que isto é baloncesto, e hoxe gañas de 20 e mañá perdes. De seguro que para a próxima quenda que nos enfrontemos, non será o mesmo. 54-33 foi o resultado final, onde a diferenza a marcou o 1º e 4º cuarto, o resto foron competidos con marxes de 1 só punto.

Toca traballar, para seguir mellorando, é o unico camiño, e o esforzo non é negociable.

No 2º encontro, pouco que contar, rival novo, con xente de primeiro ano, pechamos o marcador antes do descanso e onde traballamos aspectos de xogo que debemos mellorar para cando nos atopemos a rivais de importancia, como o próximo rival que será o DERBI DAS MARIÑAS( Montrove vs Sada).

Destacar a lesión de Jorge que nos primeiros lances do entrontro, sufriu una escordadura de nocello (como dicia Benito Cores, a pé de campo, na TVG retrasmitindo o encontro da xornada!) que posiblemente o teña un par de días afastado dos adestramentos.

Importante non baixar os brazos, por que non podemos errar, e o traballo e a esixencia debe comezar nos adetramentos, o maior rival sempre somos nos mesmos, porque podemos ser capaces do mellor, como do peor.

A loita e o único camiño

error: Content is protected !!