Vitoria sen máis

Encontro xogado o Sábado ás 17:45 no polideportivo de Agra II na Coruña. Desta xornada o rival era o Santo Domingo de Betanzos B, que se presentaba con algunha baixa para este encontro.

O encontro non destacou por un bo xogo, senón por o antixogo, contaxiados polas imprecisións de ámbolos conxuntos, a vitoria cae do noso carón porque aproveitamos os erros dos rivais cerca da canastra para anotar. É certo que esas imprecisións foron fruto da nosa defensa, pero esa defensa non foi de todo correcta.

O encontro comezou con moitos erros de pase e sobre todo en finalizacións a canastra, o aro parecía que non quería que entrara o balón, e iamos blandos a canastra con medo a que nos fixeran unha falta. O resultado ao descanso describe o pouco facer que fixemos ámbolos conxuntos no ataque, por sorte, nos tivemos moito mais acerto que eles. ( 19-11)

Á volta do descanso, o acerto aumentou, pero o barullo no xogo e as imprecisións eran constantes e o cansancio permitía que os conxuntos anotasen un pouco máis que na primeira metade. (32-19) 51 a 30 ao final do encontro.

Encontro trabado, sen fluidez e escasa defensa e destacado polas imprecisións nos pases. Toca traballar, para evitar nos futuros encontros cometer esos erros, que contra outros rivais nos penalizará moito.

Comparte
error: Content is protected !!