Esta fin de semana, destacouse por eventos de nivel mundial. Arxentina foi campiona do mundo de Fútbol, Chris Bumsted proclamouse por terceira vez consecutiva campion de MrOlympia 2022, o Alevín Blanco quixo sumarse a festa gañando o seu encontro contra Compañía de María B e á súa vez logrou o ascenso a grupo 2 da súa competición.
Esta vitoria lograda o manten como invicto na competicíon, declarandose un conxunto sólido e candidato a facer algo importante.
Ainda así, non debemos de baixar os brazos, debemos aproveitar estas vacacions para seguir adestrando e correxindo errores e potenciar as nosas virtudes.
Non haberá “descanso”, xa que espéranos para comezar o ano, o Torneo de Viveiro, no que todos os rapaces tanto do Branco coma o Azul xuntos, participaran ante rivais de entidade, e que de seguro que nos servirá para coller experiencia e facer piña como conxunto e clube.
Tamén destacar que para despois de reis, o clube organiza un 3×3 en Carral, e que de seguro, os rapaces o pasaran ben e aprenderán o que é unha competición 3×3, unha competición que cada ano gaña mais adeptos a este deporte.