Durísima derrota dos Alevín Masculino ante BCA

O dia de onte fixo que lembrase as verbas míticas da filosofía tanto do deporte como do baloncesto propio:

Un non elixe o modo de perder, pero si cómo recuperar para gañar outra vez

A Actitude e o principal aspecto dun encontro.

Un bó pase é sinónimo de canastra convertida ao igual que un mal pase é a antesala do mal ataque.

Non sempre podes gañar, pero o esforzo é innegociable.

Os ataques gañan partidos, pero a defensa gaña campeonatos.

Por moito que nos pese, é xusto decir que o rival foi moi superior a nòs, merecida victoria por parte dos pupilos de Mariñas, que vingaron a derrota sofrida na 2º Fase desta competición.

Ao comenzo do encontro houbo concentración e a contenda entre os conxuntos foi moi igualada, con iniciativas por ámbolos equipos e boas defensas tanto individuais coma colectivas. Presumía un encontro disputado, emocionante como os anteriores encontros entre ámbolos conxuntos.

Chegabamos ao descanso con unha vantaxe de 33 a 28, gañando o 1º e 3º cuarto por un marcador moi similar onde tivemos moito acerto de cara á canastra contraria (14-11 / 3-6 / 16-11).

Pero no comezo da 2ª parte, non sabría definir exactamente o que pasou, (pero concentrados non estábamos), xa que na primeira acción anotamos na nosa propia canastra sen ningún tipo de oposición loxicamente. Isto nos despistou, desmoralizou, de seguro que en alemán existe unha palabra para definir tal atouramento que nos produciu a testa (posiblemente Zerstreutheit). (parcial 0-24) Todo o bó que fixemos na primeira parte esfumouse, sen defender ningunha acción, descolocación, pérdidas dos pases, malas decisions debido ás présas, falta de actitude, e ningún esforzo por recuperar a posición defensiva, provocou esta debacle que non soubemos reaccionar.

No resto da 2º metade, non puidemos sobrepoñernos ao anterior, e as présas por querer recuperar distancias provocaba o mesmo, e ainda por riba, seguiamos sen defender, sen protexer a canastra e permitindo que recibisen sen oposición e tirasen á canastra sen que lles punteasemos o tiro.

Ao final, meritoria derrota, tanto polo xogo e acerto rival, que nos tomou a medida, como polo noso mal xogo desplegado na 2ª metade. Só toca traballar, traballar e traballar para correxir erros, manter a concentración dende o minuto 0 (ao chegar ao pabellón) e evitar que esto non ocorra con frecuencia, xa que estamos nun momento de competición onde os rivales non dan tregua a erros, e penaliza o resto do encontro.

Comparte
error: Content is protected !!