Ecuador para os Alevíns Masculinos

En vésperas de Entroido, chegamos ao ecuador das competición para os conxuntos do Alevíns Masculinos. Finiquitando a súa participación no grupo 2.1 da liga Local con diferentes sortes.

O Alevín Branco, segue con pé firme para ascender ao grupo 1 da liga local, e comezará a loitar contra conxuntos do seu nivel, que de seguro lles pondrán en moitas dificultades para a competición.

O derradeiro encontro desta fase foi contra un coñecido e veciño Culleredo B, co cal xa tivemos a ocasión de xogar un amigable en vésperas de Nadal, e o resultado foi a favor nosa con ampla diferenza, consolidando así o gran nivel que os xogadores están a demostrar nos adestramentos.

Pola contra, o Alevín Azul, finou a súa participación no grupo 2 con outra derrota, pero apreciase a melloría en moitos dos xogadores, e as novas incorporacións ainda teñen que adaptarse e coller forma para dar o mellor de sí. Agora, debemos seguir traballando, xa que descenderemos 2 grupos e enfrontarémonos contra conxuntos do noso nivel, e poderemos competir, e de seguro que comenzaremos a ter algunha vitoria tan necesitada para que os rapaces consigan ese toque de moral que fará que aumente esa intensidade que tanto precisamos.

Agora, toca disfrutar o entroido, pero lembrar que os adestramentos seguen , e que estas semanas que non temos encontros, aproveitaremos para pulir conceptos básicos e evitar que as filloas, as orellas e os cocidos non pensen en nos para futuros encontros.

O esforzo non é negociable.

error: Content is protected !!