A tempada de Montrove Azul chegou ao seu fin e foi unha montaña rusa de emocións. Con un equipo completamente novo, composto por xogadores que nunca antes fixeran deporte e algúns que, aínda que si fixeran deporte, nunca xogaran ao baloncesto, o equipo experimentou un proceso de aprendizaxe moi interesante.
Máis aló dos resultados, houbo un crecemento individual e colectivo que non se pode medir en números. Os adestramentos foron a chave para o desenvolvemento do equipo, onde se falou moito sobre o compromiso e o esforzo.
“Educar no valor do compromiso implica axudar a que os nosos fillos vaian desenrolando cada vez mais a súa autonomía, a súa responsabilidade, a súa perseverancia, de maneira que poidan ir tomando as súas propias decisions, se comprometan coa elección tomada e se fagan cargo das consecuencias das súas conductas, superando os obstáculos que vanse formando e disfrutando de chegar ás metas que se propoñen”.
Ensinarlles a esforzarse, na medida do posible, deixarlles facer as cousas por si mesmos, que se enfronten ás dificultades, así aprenderán que debemos traballar e esforzarnos para conseguir o que queremos.
Os nenos deben entender que o deporte non só é diversión, senón tamén unha responsabilidade. Cada un deles debía de comprometerse co equipo e ser consciente de que a súa participación é esencial para o éxito colectivo.
O esforzo sempre é o motor do equipo. Os adestramentos deben ser intensos e esixentes, pero cada xogador debeu superar os seus propios os obstáculos para dar o mellor de si. Aprenderon que a perseveranza e o traballo duro son a chave para alcanzar os seus obxectivos, e ese é o único camiño.
En resumo, a tempada de Montrove Azul foi unha experiencia enriquecedora para todos os xogadores e pais. O equipo demostrou que con compromiso e esforzo se pode chegar lonxe, e que os resultados non son o máis importante. Agora, queda seguir traballando duro para o próximo ano e continuar crecendo como equipo. Como dixo Vince Lombardi: “O éxito non é unha cousa que se logra da noite para o día… é un hábito”.
No tocante o derradeiro encontro, non puidemos contar con 3 xogadores por motivos personais, polo que tivemos que botar mán das xogadoras do premini Femenino.
O encontro foi contra Arteixo, un equipo moi duro, con intensidade e que nos sorpendeu en todos os aspectos. Nós pola nosa parte, voltamos aos erros de sempre, falta de intensidade, compañerismo, moitas individualidades, lentitude nas accións, non corremos, erros de canastas sinxelas, e erros que non damos correxido nos adestramentos por falta de concentración. Como decía Arsenio Iglesias ( Dios lo tenga en su Gloria!!): ” Mucho que decir y poco que contar”, ” Que duda cabe”.