Alevín Blanco Campión de Liga

Despois da resaca Eurovisiva onde coma sempre España non gaña dende 1969 con “Salomé” co tema “ Vivo Cantando”. Nos erguemos con certos eventos esperanzadores que acontecerían o longo do día deixando para o final o noso Montrove Blanco.

Certo foi, que eses eventos mañanceiros non foron de boas noticias, o Depor volvía a perder fora da casa, e o Depor Abanca ( o Depor feminino) non pasaba do empate e non lograba o ascenso a máxima categoria do futbol feminino.

Xa na tarde, chegou o momento de Montrove Blanco, ca resaca Eurovisiva coleando nos noticieros españois e galegos, e nas portas do pabellón da Sagrada Familia. O equipo Montrove Blanco regalounos unha actuación maxistral no pista fronte a Santa María do Mar. Cunha vitoria contundente pero traballada, os xogadores despregaron unha sinfonía de talento e garra para levar o ansiado título de Campións de liga, rivalidando o título acadado na pasada tempada.

Desde o primeiro compás do partido, Montrove Blanco parecía sumido nun enredo musical, con Santa María do Mar levando a batuta no marcador. Sen embargo, como verdadeiros artistas sobre o escenario, os xogadores nunca perderon a sintonía e comezaron a afinar os seus movementos, buscando a harmonía perfecta.

No terceiro cuarto, a melodía volveuse máis intensa, con ambos equipos loitando polo dominio do espectáculo. Montrove Blanco, inspirado polos coros dos seus seguidores nas bancadas, elevou o seu rendemento e logrou tomar unha lixeira vantaxe antes de dirixirse ao merecido descanso. Foi como se atopasen a clave tonal para acadar a cima.

Tras o intermedio, o cuarto cuarto comezou como unha melodía tranquila pero poderosa, con ambos equipos intercambiando acordes e ritmos en cada xogada. Aínda que Montrove Blanco perdeu ese cuarto por un estreito marxe de tres puntos, o seu dominio previo permitiulles manterse á fronte do espectáculo.

Sen embargo, chegou o momento clave, o quinto cuarto, cando Montrove Blanco desatou o seu potencial máximo como unha canción que chega ao estribillo máis pegadizo e unha coreografía que nin Chanel na pasada edición de Eurovisión. Os xogadores, como coristas en perfecta harmonía, sincronizaron os seus esforzos e desatáronse nunha actuación deslumbrante. A diferenza no marcador ampliouse de forma avasalladora, como se lles concedesen o voto de 12 puntos dos xuíces en Eurovisión. «Royaume-Uni douze points»

E así, mentres os compases finais se desvanecían no sexto e último cuarto, Montrove Blanco, cunha vantaxe insalvable, xogaba coa tranquilidade dunha balada cativadora. Os seus rivais, derrotados pola magnitude do espectáculo, parecían renderse ante a maxestuosidade da súa interpretación.

Finalmente, o pito do árbitro soou, como a ovación do público. Campións de liga a Montrove Blanco. Nesta gran final, a súa música foi o himno que fixo vibrar os corazóns dos seus seguidores e resonará nos anais do deporte como unha actuación histórica.

Agora, chega o premio final para o 3-4 de Xuño, a gran final galega en A Estrada, e o igual que o ano pasado, iremos a disfrutala, e quen sabe o que ocorrerá alí. Pero de momento, imos saborear o doce que nos tocou esta fin de semana.

Comparte
error: Content is protected !!