2º enfrontamento contra un rival que o teremos hasta na sopa, xa que está a seguir os nosos pasos moi preto, rival complicado e que está a mellorar en todos os aspectos do xogo, e que de seguro estará ahí competindo ate o final.
Este segundo encontro comezou moi activo e rápido con un tanteo no xogo do 1º cuarto de 22 puntos para nós e 13 para o rival. Un resultado para un só cuarto un tanto elevado, e que presaxaría un encontro divertido e igualado. O 2º cuarto a defensa comezou a ter protagonismo e o tanteo abultado do primeiro cuarto reduciuse á metade na que non se permitía correr como ao principio, e os rivais xa estaban mais centrados na defensa que arrastraria ate o 3º onde só se anotaron 6 unicos puntos.
O final do acontecido no derradeiro cuarto antes do descanso, persistiría no comezo da 2ª metade. Os equipos competían, e as distancias eran mínimas, provocábanse erros no ataque, estaba caro anotar, pero os de Montrove coseguían con accións individuais e unha boa defensa seguir ampliando diferezas.
No derradeiro cuarto, xa cansos, se deu pé a rotacións, e a agresividade defensiva favorecía un final trabado que sacou adiante o equipo colexial por 2 puntos.
Gran sensación por parte dos nosos xogadores, bó xogo e centrados, deixando ver que todos os xogadores que temos poden suplir o mal día que poida ter algún compañeiro.
A seguir traballando, estamos a piques de rematar a metade da tempada, e agora chega o bó onde todos os encontros van ser competidos e complicados.
Xogaron por Montrove: Pedro, Nico García, Elexpe, Pablo Fernández, Patiño, Noah, Echeverría, Jorge, Adrián Vázquez e Pablo Cofán.