O Alevín Branco gaña, e presenta as súas crendenciais para a seguinte fase.

Na tarde do Sábado disputamos outro encontro de liga contra os que xa podemos considerar compañeiros de viaxe, Esclavas, que xa conseguiran na anterior xornada pasar á derradeira fase para optar a disputar o título desta competición.

Non será a derradeira vez que nos enfrontemos, de feito ca vitoria de hoxe, nos tamén estamos clasificados para a seguinte e definitiva fase, polo que nos volveremos a enfrentar.

Cada encontro que pasa, e mais difícil, e os conxuntos como Esclavas motivanse contra nós, por sorte, somos un conxunto que a medida que pasa o tempo, adquirimos madurez, responsabilidade e saber estar na cancha, onde todos os xogadores aportan o seu gran de area, formando entre todos unha grande rocha sólida, uns cimentos para contruir algo grande o final da tempada. Ainda así, queda moito camiño, e temos que seguir avanzando nesta liña.

Os encontros contra Esclavas sempre son dificiles, un equipo con moitas gañas, ben traballado e con ideas claras. Pero desta vez, demostramos moita concentración, e moito acerto tanto en defensa coma en ataque e sobre todo solidarios cos compañeiros, todos aportaron o seu gran, en defensa e en ataque.

Se a pasada xornada decía que fixeramos un dos mellores encontros , este encontro supera o anterior, e espero que isto siga medrando, porque os rapaces o merecen, polas gañas, compromiso, e esforzos en cada adestramento.

Noraboa a todos os rapaces polo esforzo e concentración, e seguir ese camiño que estades facendo e por permitirme ser parte del.

“Sempre tes que estar ao límite. Tes que facer cada adestramento, cada encontro, como se fose o derradeiro” (Kobe Bryant)

Comparte
error: Content is protected !!