Victoria ante Liceo La Paz

Grandísima victoria ante Liceo La Paz na xornada da 3ª Fase de Alevín Masculino do Domingo 20 de Febreiro

Comezamos unha nova fase, ante un conxunto que xa nos enfrontamos a eles na 1ª fase. Esta 3ª Fase seguimos enfrontándonos os mellores da competición, e seguimos conseguindo victorias, pero esta non é unha victoria como as anteriores. Bo traballo dos rapaces en ataque, ainda que en defensa temos moito que traballar para pulir erros que ante o resto de rivais pódenos perxudicar moito.

Destacar en xeral, o paso adiante dos xogadores de primer ano, e os novatos do grupo, que xogaron un dos mellores encontros da tempada, e no que destacaron por gran traballo tanto en defensa como en ataque e mantiveron o nivel do conxunto en todos os cuartos que se disputaron con un alto nivel de concentración.

O encontro non deixou lugar a dúbidas, nin esperanzas o rival de que ia caer do lado de Montrove, non nos deixamos sorprender como foi na primeira fase na que só se gañou de 10 puntos de diferencia, esta vez a diferencia foi de pechar o encontro no derradeiro cuarto.

O seguinte encontro será contra un rival complicado e xa conocido, como Basquet Coruña, que xa nos derrotou na 1ª fase, e que de seguro querran revancha da nosa victoria da 2ª Fase. Pero ate o 5 de Marzo non teremos ese encontro. Polo que temos que aproveitar os adestramentos para mellorar e chegar o 100%.

Xogaron por parte de Montrove: Pedro, Paseiro, Yago, Pazos, Miguel, Saúl, Dani, Juan, Pablo, Nico García, Mario e Mateo

Resultado e parciais: Liceo La Paz 36Montrove 87 ( 2-20/14-10/10-21/2-12/12-20/0-4)

Comparte
error: Content is protected !!