Nos vamos A Estrada…

Non existirá unha crónica que chegue a describir, o acontecer épico que onte tivo lugar no Polideportivo de Agra 2 na Coruña, e mais dende a derradeira crónica feita deste servidor, que inspirado pola ledicia, o sol e unha boa comida debaixo dun galpón nun restaurante da Capital de Galicia chegou a plasmar produto da súa imaxinación como se de Manolo Rivas se tratase, (quizais por que estaba ao meu carón tomando unha cunca de viño).

Volvendo ao noso (xa desde Oleiros), a cita tivo unha tarde fermosa, calorosa, as rúas contiguas tinguidas de branquíazul, non por nós, xogaba á mesma hora o Depor, pero era presaxio de que algo bo ia suceder, a afección non defraudou, tanto Betanceiros como Oleirenses acudiron á cita como se de final de Euroliga se tratase, non merecía menos, para algúns e mais a isa idade, a sensación é esa…(falo con coñecemento de causa), a afección xogou un papel importante, para darlle o ambiente merecido, como non podia ser doutra maneira, «que duda cabe», parafraseando a Arsenio Iglesias » o Zorro de Arteixo», moi presente esta semana na miña testa.

Os rapaces, grandes protagonistas, ámbolos conxuntos, ai que dicilo si ou si, estiveron á altura para dar un encontro espectacular, cheo de emoción ate o final con acción e canastras espectaculares, con descubrimentos nos momentos claves, e serios moi serios asumindo cada un o seu labor. Traballo en equipo, traballo de todo o ano, plasmado con harmonía e repoñéndonos a altibaixos e bloqueos mentais que grazas a accións e reinvidicacións de certos xogadores soupemos liberarnos para poñer terra de por medio. Terra, que quizais, non reflexa a igualdade exacta dos conxuntos, pero si a madurez e seriedade de sobrepoñerse dos xogadores. Premio, a criterio deste servidor, merecido para os rapaces.
Agora, toca como dí o Título desta crónica, A Estrada, onde se citarán os gañadores das distintas delegacións zonais, estar alí é un premio, e ímolo gozar (tanto nenos como os non tan nenos…) e con nos, as rapazas do feminino, reflexo do bó facer de todos os adestradores do clube, xogadores e familias que fan que este clube esté onde está, aquí ai futuro!!

Hala hala hala, nos vamos a la Estrada ( Presi Chema dixit)

Chema paga los helados…

Comparte
error: Content is protected !!