Dobre oferta didáctica no regreso da “Aula Formativa do Adestrador Galego”

Dobre oferta didáctica no regreso da “Aula Formativa do Adestrador Galego”

Xoves, 13 Novembro 2014 16:13

A Aula Formativa do Adestrador Galego, proxecto común da Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB, estrea a súa terceira temporada consecutiva coa convocatoria de dúas charlas teórico prácticas dirixidas aos técnicos de toda Galicia.

Javier Llorente, actual adestrador de Marín Peixegalego en Adecco Prata; e Juan Díaz; preparador físico de ampla experiencia; serán os encargados de inaugurar este novo ciclo 2014 – 2015 para a Aula Formativa.

As súas sesións técnicas, que terán lugar en Nigrán e Bastiagueiro, respectivamente; celebraranse o vindeiro domingo, 23 de novembro, baixo o seguinte programa:

23/11/ 14 – Aula Formativa do Adestrador Galego

Sede: Nigrán (Pavillón CEIP Panxon)

Relator: Javier Llorente

Hora: 17:00 h

Club colaborador: C.B.Airexa.

23/11/ 14 – Aula Formativa do Adestrador Galego

Sede: Bastiagueiro (Pavillón Municipal- Instituto María Casares)

Relator: Juan Díaz

Intervención: “Preparación física en categorías de formación”.

Hora: 17: 00h

Club colaborador: C.B. Valle Inclán

Inscrición

O correo electrónico repite esta temporada como vía oficial para inscribirse en cada unha das aulas que se realizarán no marco deste programa.

Todos os adestradores interesados en participar nestas dúas primeiras convocatorias poden solicitalo dende este mesmo intre mediante envío de email a adestradores@fegaba.com, indicando nome, apelidos e referencia da charla á que desexan asistir.

Validación formativa

Indicar a todos os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB que nesta III edición da “Aula Formativa do Adestrador Galego” a participación en cada sesión poderá validarse por 4 HORAS no cómputo global da súa formación individual complementaria.

vía Dobre oferta didáctica no regreso da “Aula Formativa do Adestrador Galego”.

Marcar el enlace permanente.

Comentarios cerrados.