Alevín Masculino Branco inicia a tempada con Vitoria

Os seres humanos temos a unha grande capacidade, que é a de escoller a nosa actitude ante calquera situación. Non é una capacidade menor, senón que é inmensa. A actitude que un escolle en cada instante pódenos axudar moito ou un pouco mais do normal para afrontar situacións que estamos vivindo. As circunstancias non as imos cambiar, pero afrontalas con actitude faran que muden de perspectiva.

Di Victor Kuppers nas suas ponencias, que toda persoa ten un Valor, e ese valor básase no sumatorio de coñecementos e habilidades multiplicado pola actitude. Nesta vida fai falla, coñecementos (para poñer unha cervexa, para instalar unha App no móbil, para xogar a baloncesto…) e necesitas habilidade, experiencia. Despois ven a Actitude, o mais importante da fórmula, por qué?, por que multiplica. A diferenza entre o crack e o manta está nesa Actitude. Moitos non son grandes por que teñan coñecementos, nin por que teñan experiencia ou habilidade, son grandes pola forma de ser, pola actitude. A actitude que tí tes, é a que tí queres ter, é unha frase dura xa o sei, pero é a tua responsabilidade, ti elixes a actitude que cada un quere ter en cadanseu momento.

Este estreo de liga, veu a amosarnos que esa actitude pode chegar a facer perigar o devir do encontro, a actitude fai concentrarnos na importancia do traballo e o valor das tarefas que ten cada un, e debe traballar nos adestramentos para que interiorice á hora de saltar á cancha de xogo.

O resultado (70-39) non amosa a realidade do encontro, xa que o rival en ningun momento deixou de loitar, incomondando en todo momento a circulación de balón e defendendo ate o derradeiro folgo calquer acción nosa. Pola contra nós, debemos mellorar esos erros defensivos, sei que temos xente nova na categoria, pero non xustifica romper as bases da defensa que estamos construindo nos adestramentos, e o uso do pase e o xogo sin balón, que non apareceu no encontro. Moitos erros que contra rivais mais fortes, ou incluso nun futuro, contra este rival, podennos condenar a un resultado adverso.

O resultado, foi un partido trabado, sen graza pola nosa parte, sen actitude defensiva (en moitos momentos do encontro) e ofensiva, e que se gañamos realmente foi porque individualmente fomos mellores e mais listos á hora de sacar de banda, onde si sacamos algo positivo ao respecto.

Agora a pasar páxina, e aceptar a situación que tivemos, ao aceptalo, pasamos páxina, e así a enerxía non a dedicamos a amargarnos mais polo que foi ou puido ser, deste modo podemos dedicarnos a construir, a mellorar, a pensar, a ser proactivo.

Xogaron por Montrove Branco: Pedro, Nico, Dani, Pablo Fdez, Noah, Mateo, Yago, Jorge, Xenxo, Adrian Vázquez e Pablo Cofán.

“Que ninguén se achege xamais a tí, sen que ao marchar, se sinta mellor e mais feliz”. Madre Teresa de Calculta.

Debut do Alevín Masculino Azul con derrota.

Cando un traballa moitas veces, e traballa e traballa e traballa, ten moitas posibilidades de obter éxito, non é cuestión de sorte e unha cuestión de traballar, ai moitas veces que a pesar do traballo, non saen. Pero ai outras que saen, senon traballamos non sae ningunha. Nunca debemos tirar a toalla, hai que traballar e traballar, por que nunca se sabe en qué momento as cousas poden comezar a mellorar. Nunca temos que perder a esperanza, por que cando un perde a esperanza, cando un perde o ánimos, acabouse, por que cando perdemos o ánimo perdemos o mellor que temos, que é a actitude, a actitude a maneira de ser. Cando un desanímase pasa de ser unha persoa absolutamente estratosférica unha persoa do montón, de ser una persoa brillante, a unha persoa mediocre, xa hai moita xente pola vida a nivel mediocre, non por que o sexan, ninguen quere ser mediocre, senón, por problema de ánimo e actitude.

Na vida o importante non está no que nos ocorre por que non o controlamos. O importante está como afrontamos o que nos ocorre. Neste encontro vivimos un momento no que todos tivemos diferentes emocións, rabía, enfado, frustración , angustia, ansiedade, resignación. Somos humanos, senon seriamos sociópatas, non podemos evitar o que sentimos pero sí podemos escoller como o enfocamos. Sempre temos que ter o ánimo dous pasos por diante do medo.

O debut destes rapaces, foi duro (pecharonnos o marcador pouco despois da volta do descanso) cun rival que non é da nosa liga, nun grupo que tampouco é da nosa liga, pero dende logo, serve para formarnos e ver a realidade dos rivais e a nosa propia, do que debemos de cambiar para chegar a competir. Moitos deles debutaron por primeira vez neste deporte, e ainda mais podemos falar, debutaron facendo por primeira vez deporte. O camiño é longo, e o mellorar, pasa por nós mesmos, polo traballo diario, esforzo e actitude.

Xogaron por Montrove Azul: Emilio, Martín, Diego, Tomás, Pazos, Formoso, Pajón, Brais, Alvaro, Iván e Iago.

Reencontro coa vitoria do Alevín Masculino

Din, que os ataques gañan partidos pero a defensa gaña campionatos.

Partido serio ante un rival directo como é Xiria de Carballo, e bonito encontro que se viviu na tarde do Domingo na polideportiva do Agra II de A Coruña.

O resultado saldouse con vitoria para Montrove, pero o resultado foi o de menos, atrévome a decir que foi o mellor partido defensivo de este conxunto no que vai de tempada. O rival esixíao, e a necesidade de mellorar a imaxe do anterior encontro, fixo que os rapaces dende o quecemento estivesen metidos no encontro.

O rival, xa era coñecido da anterior fase, onde o resultado foi moi axustado e tamén se logrou a vitoria. Desta partida, foi algo mais de diferencia gracias ao atino dende o tiro exterior pola nosa parte, e pola gran defensa que realizaron os xogadores.

Na primeira metade, ámbolos conxuntos xogaron un gran encontro, pero Montrove ampliaba as distancias cuarto a cuarto e sobre todo no 3º cuarto onde a pesar das grandes defensas, o acerto ao aro lograba ampliar diferencias no marcador chegando ao descanso con 11 puntos de diferencia (21-32)

Á volta do descanso, ámbolos conxuntos lograban atinar á canastra nos poucos erros defensivos que existían, pero ainda así Montrove ampliaba o marcador pasiño a pasiño.

Os derradeiros cuartos, o cansancio dos rapaces traducíanse en erros de pase nos ataques tamén provocados polas defensas ferreas, que ian ser determinantes para definir quen definitivamente lograría levar a victoria para o seu casilleiro.

Ao final VITORIA con maiúsculas para os rapaces de Montrove. (43-61)

Xogaron por Montrove: Pedro, Nico García, Mario, Paseiro, Pablo, Adrián, Yago, Miguel, Juan, Saúl e Nico Pazos. Dani foi baixa a derradeira hora por enfermidade (a recuperarse!!)

Victoria sufrida ante Maristas

De volta á competición, xogamos o partido aprazado que tiñamos antes do Nadal. O Rival, Maristas.

Nos atopabámos neste encontro con só un adestramento dende as vacacións de Nadal e con un debut dun novo xogador que comezou a xogar este ano ao baloncesto e no noso clube, que foi Mateo.

Sábado ás 16:00 no Agra 2 era a data e lugar escollido para a disputa dun encontro que prometía ser disputado dado que ámbolos conxuntos só perderan un encontro no que vai de competición. Nova Fase de grupos onde a esixencia cada vez e maior, e calquer erro pode decantar o encontro para calquera equipo.

Comezamos moi ben desplegando un bó xogo, tanto a nivel ofensivo como defensivo, onde a pesar de encaixar canastras por erros defensivos, castigamos moito en ataque ao rival, chegando ao descanso con un +18 arriba.

Á volta do descanso, chegou a tolemia, e nós mesmos nos poñiamos trabas para atacar a canastra contraria obstaculizándonos a nós mesmos e vivindo dentro da zona de ataque, impedindo que puidésemos penetrar a canastra. A defensa, deixou de existir, con erros de marcaxe, asignación e pouco esforzo para recuperar posicións, só os erros nas penetracións do rival fixeron que non lle deran a volta ao marcador que chegamos ir gañando de 25 puntos a falta de 2 cuartos para o remate. Ao final, victoria sufrida 60-50, e con unha lección para aprender:

´´O encontro remata cando o árbitro pita o final´´.

Agora toca volver á rutina e ao traballo, achégase a parte maís dura da competición e necesitamos traballar moito e mellor para que todos poidamos aportar e disfrutar do xogo, e con traballo chegan as recompensas.

Xogaron: Daniel Elexpe, Iago Paseiro, Pablo Fernández, Adrián Patiño, Hugo Salinas, Roque Amado, Juan Tobés, Yago Echeverría, Nico García, Mario Barro, Saúl Camblor y Mateo Lago

error: Content is protected !!